miércoles, 1 de febrero de 2023

PREPARANDO O ENTROIDO

Estimadas familias


Este ano iremos disfrazadas e disfrazados de mariñeiras e mariñeiros en relación a circunnavegación de Magallanes e "El Cano".

 O disfrace é moi sinxelo: Necesitamos un pantalón vaqueiro; camisa ou camiseta branca e un chaleco ( se pode ser de cor escuro mellor; pero serve de calquera cor) . 

Se alguén non ten chaleco do talle, non é problema, valería cun chaleco que non sexa voso: dun familiar (aínda que sexa un pouco grande) ou que estea na casa...

Outra opción é empregar unha tea ou fular e atalo do seguinte xeito:



A idea é non mercar nada e utilizar o que temos. O resto dos complementos: mapas, anteollos e sombreiros os faremos no colexio.


         

 Un saúdo

No hay comentarios:

Publicar un comentario