jueves, 30 de marzo de 2023

ATRÉVETE!!!!!!

 Queridas familias


Como ben sabedes imos participar nunha iniciativa da Universidade da Coruña. 


Atrévete a pescudar con elas!!!! 

 

Esta iniciativa parte da Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña para celebrar o día Día Internacional das Mulleres e as nenas na Ciencia.

Durante a mesma, diferentes investigadoras da propia universidade nos contan e explican como chegaron a ser científicas e propóñennos pequenos retos aos que temos que dar resposta, ou polo menos intentalo! Así como formular preguntas que nos fagamos.

O alumnado participante entramos nun sorteo para visitar Parque Tecnolóxico da universidade da Coruña.


A ver se temos sorte!!!!!  

O nome delas son:

    • Gemma Rojo López, enxeñeira de camiños, canais e portos, 
    • Carmen de Labra Pinedo, neurocientífica 
    • Sara Recondo Estévez, enxeñeira de telecomunicacións, 
    • Jesika Asatryan, enxeñeira de materiais. 


Despois de un tempo investigando e traballando este é o vídeo resultado da nosa aula:


Esperamos que vos guste!!!!!



Tedes o vídeo neste enlace:


ATRÉVETE!!!! PINCHADE AQUÍ



No hay comentarios:

Publicar un comentario