Voltamos coa historia en MATEMÁTICAS!!!!
Quenes inventaron os números?
OS NÚMEROS ROMANOS:
Para practicalos un pouco:
Voltamos coa historia en MATEMÁTICAS!!!!
Quenes inventaron os números?
OS NÚMEROS ROMANOS:
Para practicalos un pouco:
Aquí estamos de novo!!
O alumnado de 3ºa e a súa mestra están a comezar unha nova andadura coa radio do colexio... RADIO FALANGUEIRA SEMPRE Á TÚA BEIRA!
e aquí temos o primeiro programa de moitos!
Este está relacionado co PDI do centro: Couceiristas polo mundo.
Coñecedes a Magallanes? Pois se queredes saber un pouco máis deste home non vos queda outra que premer no botón e escoitar o que este grupo vos quere contar.
Para escoitalo, premede na imaxe!
Queridas familias
Como ben sabedes imos participar nunha iniciativa da Universidade da Coruña.
Atrévete a pescudar con elas!!!!
Esta iniciativa parte da Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña para celebrar o día Día Internacional das Mulleres e as nenas na Ciencia.
Durante a mesma, diferentes investigadoras da propia universidade nos contan e explican como chegaron a ser científicas e propóñennos pequenos retos aos que temos que dar resposta, ou polo menos intentalo! Así como formular preguntas que nos fagamos.
O alumnado participante entramos nun sorteo para visitar Parque Tecnolóxico da universidade da Coruña.
A ver se temos sorte!!!!!
O nome delas son:
Despois de un tempo investigando e traballando este é o vídeo resultado da nosa aula:
Esperamos que vos guste!!!!!
Tedes o vídeo neste enlace:
Estimadas familias
Este ano iremos disfrazadas e disfrazados de mariñeiras e mariñeiros en relación a circunnavegación de Magallanes e "El Cano".
O disfrace é moi sinxelo: Necesitamos un pantalón vaqueiro; camisa ou camiseta branca e un chaleco ( se pode ser de cor escuro mellor; pero serve de calquera cor) .
Se alguén non ten chaleco do talle, non é problema, valería cun chaleco que non sexa voso: dun familiar (aínda que sexa un pouco grande) ou que estea na casa...
Outra opción é empregar unha tea ou fular e atalo do seguinte xeito:
A idea é non mercar nada e utilizar o que temos. O resto dos complementos: mapas, anteollos e sombreiros os faremos no colexio.
Un saúdo
DÍA DA PAZ!!!
Coñecimos a Ghandi e aproveitamos para ver a súa línea de vida e un exemplo da súa biografía. Alucinamos con moitas das cousas que viviu este home: Conseguie a independecia da India!! Este foi o libro que estivemos a ler.
Durante os días previos coloreamos cada nivel do centro un corazón coa palabra PAZ en diferentes idiomas.
A 3º A tocounos investigar que significaban esas letras que aparecían no noso corazón:
शांति (PAZ)
Resultou ser Hindi e se pronuncia: (Shaanti)
Mirade que fotos máis chulas temos:
Por outra banda aprendimos o estribillo da canción "Eu teño alguén no meu corazón" en Lingua de Señas. Ese día nos xuntamos todos e todas os nenos e nenas do cole e a cantamos! TODOS TEMOS ALGUÉN NO NOSO CORAZÓN! Tratémonos con respecto.
Pinchade NA SEGUINTE LIGAZÓN se queredes ver o vídeo orixinal:
Voltamos coa historia en MATEMÁTICAS!!!! Quenes inventaron os números? PREME PARA VER O VIDEO OS NÚMEROS ROMANOS: Para practicalos un p...