O CANO E MAGALLANES
Deíxovos o enlace da película de Magallanes y el Cano que estivemos visionando na aula.
Estimadas familias
Este ano iremos disfrazadas e disfrazados de mariñeiras e mariñeiros en relación a circunnavegación de Magallanes e "El Cano".
O disfrace é moi sinxelo: Necesitamos un pantalón vaqueiro; camisa ou camiseta branca e un chaleco ( se pode ser de cor escuro mellor; pero serve de calquera cor) .
Se alguén non ten chaleco do talle, non é problema, valería cun chaleco que non sexa voso: dun familiar (aínda que sexa un pouco grande) ou que estea na casa...
Outra opción é empregar unha tea ou fular e atalo do seguinte xeito:
A idea é non mercar nada e utilizar o que temos. O resto dos complementos: mapas, anteollos e sombreiros os faremos no colexio.
Un saúdo
NABOS, NABIZAS E GRELOS Para poder seguir co noso horto, precisamos información sobre esta planta. Pinchade nos enlaces! Comeza a búsq...