miércoles, 1 de febrero de 2023

PREPARANDO O ENTROIDO

Estimadas familias


Este ano iremos disfrazadas e disfrazados de mariñeiras e mariñeiros en relación a circunnavegación de Magallanes e "El Cano".

 O disfrace é moi sinxelo: Necesitamos un pantalón vaqueiro; camisa ou camiseta branca e un chaleco ( se pode ser de cor escuro mellor; pero serve de calquera cor) . 

Se alguén non ten chaleco do talle, non é problema, valería cun chaleco que non sexa voso: dun familiar (aínda que sexa un pouco grande) ou que estea na casa...

Outra opción é empregar unha tea ou fular e atalo do seguinte xeito:



A idea é non mercar nada e utilizar o que temos. O resto dos complementos: mapas, anteollos e sombreiros os faremos no colexio.


         

 Un saúdo

martes, 31 de enero de 2023

DIA DA PAZ

DÍA DA PAZ!!!


O 30 de xaneiro foi o día da paz...  Para tal día o alumnado de 3º fixemos
 diferentes actividades:

Coñecimos a Ghandi e aproveitamos para ver a súa línea de vida e un exemplo da súa biografía. Alucinamos con moitas das cousas que viviu este home: Conseguie a independecia da India!! Este foi o libro que estivemos a ler.

 


Durante os días previos coloreamos cada nivel do centro un corazón coa palabra PAZ en diferentes idiomas.

A 3º A tocounos investigar que significaban esas letras que aparecían no noso corazón:


शांति (PAZ)

Resultou ser Hindi e se pronuncia: (Shaanti)

Mirade que fotos máis chulas temos:



Por outra banda aprendimos o estribillo da canción "Eu teño alguén no meu corazón" en Lingua de Señas. Ese día nos xuntamos todos e todas os nenos e nenas do cole e a cantamos! TODOS TEMOS ALGUÉN NO NOSO CORAZÓN! Tratémonos con respecto. 

Pinchade NA SEGUINTE LIGAZÓN se queredes  ver o vídeo orixinal:


EU TEÑO ALGUÉN NO MEU CORAZÓN






lunes, 28 de noviembre de 2022

EXCURSIÓN

SAÍDA 1º TRIMESTRE

O pasado 24 de novembro do 2022 o alumnado de 3º realizamos a primeira das saídas do curso ao Museo Naval e o Museo de Historia Natural... 
Pasámolo moi ben e aprendimos moito!

Esta saída forma parte das actividades que estamos a facer, este curso, para o PDI do centro: "Couceiristas polo mundo!", centrándonos na primeira volta ao mundo de Magallanes e O Cano.

Deixo unhas fotiños para que olledes!

MUSEO NAVAL

Durante a visita a este museo puidemos ver como eran os barcos antigamente (incluso había habitacións que simulaban como eran algúns dos habitáculos), o primeiro mapa mundi que houbo, aparellos que se usaban...









































 MOMENTO DA PARVA!!! 











 MUSEO DE HISTORIA NATURAL

Neste museo vimos un montón de cousiñas moi interesantes relacionadas cos animais vertebrados e invertebrados que estabamos a aprender... Vimos un peixe que tiña cara de ser humano, un calamar xigante, unha tartaruga boba...
Anímovos a visitalo coas pícaras e pícaros durante algunha fin de semana...a entrada é de balde e está moi cerquiña da vila.





















domingo, 13 de noviembre de 2022

           MAGOSTO   E   DÍA   DO  PEÓN


Estimadas familias


Como ben sabedes o pasado 11 de novembro celebramos no centro o magosto e o

día do peón. Por sorte, puidose recuperar o facer de hai dous anos!!! Comparto con

 vós algúns do momentos vividos.


Espero que sexan do voso agrado.




































Nabos, nabizas e grelos

NABOS,  NABIZAS  E  GRELOS    Para poder seguir co noso horto, precisamos información sobre esta planta. Pinchade nos enlaces! Comeza a búsq...