Queridísimos/as Panteiras
O prometido é débeda, así que vos comentos os pasos que tedes que seguir para poder descagar a APP de realidade aumentada que vimos nas tabletas o pasado xoves .
Como ben víchedes, é unha aplicación estupenda e nos axuda a facernos unha idea de como vivía a xente eumesa na idade media.
Aproveitade nun paseo que fagades pola vila e acercarvos ao Torreón e descargar a APP a través do Código QR que alí hai. É Gratuita!
Espero que a desfrutedes coa vosas familias.
A guía da visita é unha descendente da primeira peregrina que está rexistrada na nosa vila e nos escribe esta carta que comparto:
Querida/ou viaxeira/ou:
Benvida/ou ao Pontedeume Medieval!
Antes de nada me presento... O meu nome é Margery, orixinal de Bristol, Inglaterra. Son unha das descendentes da primeira muller documentada no Camiño Inglés a Santiago de Compostela no ano 1417. Do mesmo xeito que ela e, e tamén de ti, gocei do bo trato das xentes de Pontedeume durante a miña viaxe a Santiago.
Se o desexas, sería un pracer ser a túa guía ao século XVI, época de esplendor de Pontedeume e os Señores de Andrade. Poderás ler e escoitar os meus consellos.
Ademais dos meus, e debo dicilo, excelentes consellos á hora de visitar a vila, con esta aplicación poderás:
- Descubrir e experimentar escenas da historia medieval.
- Guiarche e definir roteiros aos principais monumentos de Pontedeume.
- Utilizar a cámara do teu dispositivo para gozar de Pontedeume en realidade aumentada.
- Levarche un recordo. Xa que poderás revivir as escenas da aplicación tamén no teu fogar.
Margery
No hay comentarios:
Publicar un comentario