CREAMOS O PATIO QUE NOS GUSTARÍA TER!
Bo día familias!
Durante os tres últimos mércores, os/as tripulantes estiveron participando nuns obradoiros propostos pola ANPA e da man de REXENERANDO chamados: Medrando nun espazo de igualdade!
Durante os mesmos, analizaron a que xogaban no recreo, os espazos que ocupaban uns e outros...
Por último realizaron unhas maquetas onde plasmaban todas as ideas que eles/as tiñan en relación ao que lles gustaría que houbese no seu patio de recreo e como tería que ser.
Todas eran moi boas ideas e, ainda que unhas poucas difíciles de poñer en práctica, a maioría poderían facerse sen dúbida!
Estas maquetas poderán ser visitadas polos grupos de 4º nunha pequena exposición dentro do centro e revisadas pola comisión de patios; composta por pais, nais e mestres/as.
A ver que cousiñas, poden levarse á práctica! Esperemos que deste obradoiro consigamos un recreo máis coeducativo e igualitario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario